Recensión: Unha estrela no vento, de Ledicia Costas

Hoxe traemos unha recensión moi especial, pois é a da primeira obra publicada dunha das autoras á que sigo con moita fervenza … ¡Ledicia Costas!

Datos do libro:

    Título: Unha estrela no vento
    Autora: Ledicia Costas
    Páxinas: 224
    Encuadernación: tapa blanda
    Editorial: XERAIS
    Colección: Fóra de xogo
    Lengua: GALLEGO

Sinopse:

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

A autora:

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e »Un animal chamado néboa» (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 en 2017 «A señorita Bubble». Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Personaxes:

    Miguel: é o protagonista. A través dos seus ollos coñecemos a vida dun rapaz de 17 anos, un rapaz ao que a vida non llo está poñendo nada fácil pero que segue loitando a pesar de todo.
    Reina: Conecta axiña con Miguel e cos seus xestos, ese mercarlle a rosa para regalarlla, tratala coma a unha máis, defendela… A relación con seu irmán é de submisión da muller fronte ó home da casa; resulta un pouco incrible que sexa capaz de quedarse con Miguel e non o obedeza volvendo á súa casa cando a ameaza.
    Abel: é o curmán do protagonista. Unha das persoas polas que máis aprecio sente Miguel; é un rapaz cunha deficiencia física, emprega cadeira de rodas, o pequeno retraso que conleva a súa discapacidade está representado a través da súa lentitude/dificultade que ten para comprender feitos tales como a pelexa e a morte dos seus pais.
    Paula: é a irmá pequena de Miguel, unha rapaza chea de tenrura pola que o noso protagonista sinte moito agarimo.
    Nai de Miguel: é unha das poucas persoas que cre nel dende un principio, mostrando unha gran comprensión incluso nos peores momentos; unha muller que loita pola súa familia e, por iso, logo de que Abel quede orfo o leva para a súa casa.
    Pai de Miguel: representa todo o contrario á nai. É un mentireiro que vive a súa propia vida, olvidándose por completo de que ten unha familia, só sente aprecio pola súa filla pequena.
    Profesora de literatura: Representa o mundo dos adultos que ten o seu esquema feito respecto ós adolescentes, pero tamén o mundo dos profesionais preocupados polas persoas coas que traballan. Miguel confunde o seu interese e valoración co «tenme manía».
    Maqui: Un do grupo de Miguel. Neste caso, un personaxe case antagonista que comeza sendo amigo para converterse finalmente en inimigo. Ó longo do relato imos descubrindo coma ademais de presumido e fardón é racista, e remata mudando a traidor do seu grupo. Considera escoria a Abel e Reina.

Opinión persoal:

Coñecín este libro alá polos meus anos mozos, 2008, cando tiven este libro como lectura obrigatoria na asignatura de «Lingua Galega». Foi unha lectura moi amena, un libro que conseguiu encandilarme coas súas palabras e co cal inmiscuinme por completo no mundo de Miguel e os seus amigos.
Un detalle que me chamou moito a atención nesta lectura foi o feito de que cada capítulo comeza cunha cita musical, así como a insistencia de Miguel por escoitar sempre ao grupo » The Brokers», o que nos reflicte a importancia que os adolescentes lle dan á música nas súas vidas.
Recomendo a lectura deste libro polo ben que fala Ledicia Costas do mundo da adolescencia: as súas pelexas, as traicións, os amores e desamores… todo isto dende a perspectiva de alguén que acaba de pasar por este ciclo, pois non debemos esquecer que este libro foi publicando cando a autora contaba con 20 anos de idade.
Outro motivo polo que recomendo este libro é polo seu valor da amizade, pois sen contar coa traizón de Maqui ensínanos que non todos somos iguales e que non debemos xulgar á xente polos prexuízos que teñamos hacia ese colectivo, senón que todos debemos xulgar en base á nosa experiencia.
O libro conta cun final moi…
¡lÉdeo e comentade que vos pareceu!


 

Espérovos nunha nova recensión!

Deja un comentario